Escalas

En calquera curso o profesorado pode crear novas escalas personalizadas co obxecto de levar a cabo calquera actividade de avaliación.

O nome da escala debería ser unha frase que a identifique con claridade: ese nome aparecerá tanto en listaxes de selección de escalas como nos botóns de axuda sensibles ao contexto.

A propia escala defínese como unha listaxe xerárquica de valores, de negativo a positivo, separados por comas. Por exemplo:

Insuficiente, Regular, Media, Bo, Moi bo, Excelente!

As escalas deberían así mesmo incluír unha descrición adecuada do que significan e como deberían empregarse. Esta descrición aparecerá nas páxinas de axuda para profesorado e estudantes.

Por último, pode haber unha ou máis escalas "estándar" definidas no sitio polo administrador do sistema. Estas escalas estarán dispoñibles en todos os cursos.

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English


© Colexio Nosa Señora de Lourdes | deseño BRINK|A