Cada mensaxe pode cualificarse empregando unha escala baseada na teoría do coñecemento individualista
e relacionado.
Esta teoría pode axudarlle a observar as interaccións humanas desde un novo punto de vista. Describe
dous xeitos diferentes nos que podemos avaliar e aprender sobre as cousas que vemos
e oímos. Aínda que cada un de nós pode empregar estes dous métodos en diferente medida en momentos distintos,
pode ser útil imaxinar a dúas persoas como exemplos: un é unha persoa que
prefire adquirir coñecementos dun xeito basicamente individualista (Xoan) mentres que
a outra prefire adquirilos entrando en relación con outros (Maruxa).
No caso de que vostede estea interesado/a, aquí ten algunhas referencias a escritos dos autores/as que orixinalmente desenvolven estas ideas:
- A Xoan gústalle permanecer tan 'obxectivo' como lle sexa posible, sen que lle inflúan os seus sentimentos e emocións. Cando entra en debate con outras persoas con ideas diferentes gústalle defender as súas propias, empregando a lóxica para atopar puntos febles nos argumentos do seu opoñente. É crítico coas novas ideas a menos que sexan feitos probados de fontes reputadas, como libros de texto, profesorado respetado ou a súa propia experiencia directa. Xoan adquire os coñecementos de forma moi individualista
- Maruxa é máis sensible con outras persoas. Ela é experta en empatía e tende a escoitar e facer preguntas ata que sente que pode conectar e entender as cousas desde o seu punto de vista. Ela aprende intentando compartir as experiencias que atopa noutras persoas e que lle levan ao coñecemento. Ao falar con outros, evita a confrontación e intenta axudar á outra persoa se atopa o xeito de facelo, empregando suxestións lóxicas. María prefire coñecer de forma moi relacionada
a) axudarlle a pensar sobre estes asuntos ao ler outras mensaxes b) proporcionar retroalimentación a cada autor/a acerca de como eles están sendo vistos polos demaisOs resultados non se empregan na avaliación do estudante, senón que axudan a mellorar a comunicación e a aprendizaxe.
No caso de que vostede estea interesado/a, aquí ten algunhas referencias a escritos dos autores/as que orixinalmente desenvolven estas ideas:
- Belenky, M.F., Clinchy, B.M., Goldberger, N.R., & Tarule, J.M. (1986). Women's ways of knowing: the development of self, voice, and mind. New York, NY: Basic Books.
- Clinchy, B.M. (1989a). The development of thoughtfulness in college women: Integrating reason and care. American Behavioural Scientist, 32(6), 647-657.
- Clinchy, B.M. (1989b). On critical thinking & connected knowing. Liberal education, 75(5), 14-19.
- Clinchy, B.M. (1996). Connected and separate knowing; Toward a marriage of two minds. In N.R. Goldberger, Tarule, J.M., Clinchy, B.M. &
- Belenky, M.F. (Eds.), Knowledge, Difference, and Power; Essays inspired by “Women’s Ways of Knowing” (pp. 205-247). New York, NY: Basic Books.
- Galotti, K. M., Clinchy, B. M., Ainsworth, K., Lavin, B., & Mansfield, A. F. (1999). A New Way of Assessing Ways of Knowing: The Attitudes Towards Thinking and Learning Survey (ATTLS). Sex Roles, 40(9/10), 745-766.
- Galotti, K. M., Reimer, R. L., & Drebus, D. W. (2001). Ways of knowing as learning styles: Learning MAGIC with a partner. Sex Roles, 44(7/8), 419-436.
Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English