Como cargar unha imaxe

Vd. pode cargar unha imaxe do seu ordenador/computadora ao servidor, e esta imaxe empregarase en varios lugares para identificalo.

Por este motivo, as mellores imaxes son as de estilo identificación, aínda que pode empregar a imaxe que desexe.

A imaxe debe ser formato JPG ou PNG (o que significa que o nome da imaxe terminará en .jpg ou en .png) e debe ter un tamaño de 100 x 100 píxeles ou máis.

Pode colocar unha imaxe empregando un destes catro métodos:

  1. Empregando unha cámara dixital, é moi sinxelo, dado que as súas fotos seguramente xa estarán no formato correcto no seu ordenador.
  2. Empregando un "scanner" para dixitalizar unha fotografía impresa. Asegúrese de gardar a imaxe en formato JPG ou PNG.
  3. Se Vd. é un artista, pode debuxar unha imaxe empregando algún programa de deseño.
  4. Tamén pode conseguir unha imaxe que o identifique na rede. http://images.google.com é un excelente lugar para buscar imaxes. Unha vez atopada, coloque o cursor sobre a mesma e premendo o botón dereito do rato elixa a opción "Gardar imaxe como". (Diferentes ordenadores poden variar neste procedemento)

Para cargar a imaxe, faga clic no botón "Examinar" nesta páxina e seleccione a imaxe no seu disco duro.

IMPORTANTE: Asegúrese de non colocar unha imaxe que exceda o tamaño máximo permitido, en bites, pois non se cargará.

Logo faga clic en "Actualizar información persoal", abaixo de todo, se a imaxe é maior a 100 x 100 píxeles cortarase.

Cando remata de cambiar a súa imaxe é posible que non vexa o cambio, se iso sucede actualice a páxina (premendo F5 ou o botón actualizar).

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English


© Colexio Nosa Señora de Lourdes | deseño BRINK|A