Preguntas
Un bo xeito de axudar a alguén a que reflexione sobre un tema é facerlle unha pregunta ao respecto. Unha boa pregunta pódenos axudar a xuntar a nosa información, avaliar as nosas ideas e crear outras novas.
As preguntas realizadas coa intención de axudar a outros a aprender coñécense como socráticas.
A retórica socrática require atención adicada, para que a outra persoa poida axudalo a avaliar e reformular a súa pregunta nun ambiente construtivista, de axuda, e non de confrontación.
Preséntanse, a continuación, algúns exemplos destas preguntas:
Preguntas clarificadoras
- ¿Que queres dicir cando dis ______?
- ¿Cal é o punto central?
- ¿Que ten _____ que ver con _____?
- ¿Podes decirmo doutro xeito?
- Déixame ver se entendo: ¿queres dicir _____ ou _____?
- ¿Como se relaciona isto co noso tema?
- María, ¿podes resumir o que dixo Ricardo? ... Ricardo, ¿é o que quiseches dicir?
- ¿Podes darme un exemplo?
- ¿ _____ podería ser un exemplo?
Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English