Como dar formato ao texto
Cando escribe texto ten dúas formas de darlle formato, basicamente depende do navegador que utilice.
Normalmente Vd. non necesita preocuparse por isto, todo funcionará como é de esperar.
1. Formato automático
Este formato é o mellor para a comunicación tradicional, teclee normalmente o seu texto como se redactara un correo electrónico.
Cando garde o seu texto automaticamente se farán os seguintes cambios:
Enderezos de Internet http://enlaceacademico.com ou incluso www.enlaceacademico.com convertiranse en enlaces.
Manteranse os seus saltos de liña, e as liñas en branco indicarán un novo parágrafo.
Emoticonas como :-), cambiaranse polos seus equivalentes gráficos.
Tamén pode incrustar código HTML.
2. Formato HTML
Este formato asume que a mensaxe está escrita en HTML puro. Se está empregando o editor de HTML, este será o formato por defecto, o editor creará o código por vostede.
Incluso se está empregando o editor HTML, pode colocar código directamente no texto.
A diferencia do formato automático, neste modo non se procesará nada.
Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English